Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemento e respecto polas tradicións, a importancia do esforzo, a valoración da lingua galega, a igualdade de xénero, o compañeirismo, a tolerancia, a xustiza, a paz, o coidado do medio ambiente, o fomento da lectura... A avoa sabe que «recordar é volver vivir».
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Concha Blanco Blanco (A Coruña, 1950) exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega en distintos centros. Autora dunha extensa obra dirixida ao público infantil e xuvenil entre as que destacan "Quero que veñan meus pais", Premio Lecturas Galix, 2002 e "¡A min que me importa!", accésit Premio Lazarillo, 1997. En Xerais ten publicado "A aventura das cores" (1998), "As noites de Xián" (2014) e «Eu tamén fun pequeña» (2023).