1. INICIO
  2. Libros
  3. METÁFORA DA METÁFORA
METÁFORA DA METÁFORA

METÁFORA DA METÁFORA

María Xosé Queizán
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0500-2
EAN
9788411105002
Formato
RUSTICA
Avatar

María Xosé Queizán

Ver autor

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

Comezou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Vigo e continuou na Subsección de Galego-Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela; pertence á 1ª promoción de licenciados en Galego-Portugués (1978) moi ligados á figura de Ricardo Carballo Calero. Exerceu como profesora de Lingua Galega e Literatura en institutos de Vigo.

Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de María Xosé Queizán

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego