A Terra é un océano esférico. A pouca terra firme que queda está poboada por dous bandos que manteñen unha tensión voraz. O medo é tan abundante como a auga salgada. O único que pode evitar a desaparición da humanidade é a exploración e terrificación doutros planetas. Pero antes debe pasarse pola
Juan Manuel Parcero Martínez, coñecido como Juan Parcero, nado o 27 de maio de 1977 en Moaña, é un escritor e cineasta galego.
Despois de tres novelas psicolóxicas (Sangue no ollo, A fiestra aberta e Vento na cara), con A soidade selénica, inaugurou a colección Ficción científica da Editorial Galaxia.
Dende o ano 2022 presenta xunto con Rubén Rey, en Onda Cero Vigo, unha sección dedicada á ciencia ficción en calquera das súas expresións chamada Crónicas selénicas e que a piques está de chegar aos 100 espazos.
En marzo de 2024 e retomando a colección Ronsel da Editorial Galaxia publica Na canella infinita, onde retoma temas recorrentes na súa obra e que ata a data é o seu maior éxito literario.
e descubre todas as novidades do libro en galego