1. INICIO
  2. > Libros
  3. > NO DÍA DO SEU ENTERRO
NO DÍA DO SEU ENTERRO

NO DÍA DO SEU ENTERRO

Cristina Pato
0 veces listado

A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan unha viaxe vital que as leva a descubrir as múltiples realidades da cidade de Ourense en que se movía o seu pai. No día do seu enterro é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2023-11-09
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6130-7
EAN
9788411761307
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
2 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Alberto Otero
4

No día do seu enterro é un relato no que Cristina Pato constrúe unha historia íntima que se desenvolve arredor dun funeral, mais que en realidade fala de todo o que queda vivo cando alguén marcha. O libro non é só unha narración; é unha composición. A través dunha prosa rítmica e moi coidada, a autora explora os vínculos familiares, as ausencias e como a partir dun adeus pode converterse, en realidade, nunha radiografía de toda unha vida, pasada e futura.

Avatar
Ana Arias Castro
4

No día do enterro de seu pai Ervigio, ás tres fillas ─Marica, Generosa e Comba─ aparécenselles unhas mulleres, as señoritas, que queren falar con elas. Cando por fin o fan van vendo que moitos veciños da cidade de Ourense onde viven tiñan débedas con seu pai pero despois dun roubo das tarxetas onde estaban escritos os datos da maioría destas débedas non son quen de saber a quen cobrar nin canto. Só algúns, como as señoritas, acudirán a saldar as contas pendentes. Imos vendo ao longo do tempo como a xeración de Ervigio ou Celestino emigraron a Venezuela e despois de traballar alí durante un anos regresaron posteriormente a Ourense para volver coincidir alí. A relación das tres rapazas con este pasado de seu pai é irregular: contaba pouco e só a relación casual con aqueles que coincidiron con el no pasado pode aportar datos novos, especialmente dos anos en Venezuela. Paréceme moi logrado o retrato das tres fillas, tan diferentes elas de carácter e na forma de afrontar os acontecementos que se lles presentan. O resto de personaxes tamén parecen moi interesantes, desde as señoritas a Dolores ou Evaristo e a súa muller. Retratos moi logrados para a brevidade da novela. Posiblemente moitos lectores esperen unha resolución do roubo favorable ás protagonistas ou algún outro misterio interesante pero o que atopamos é a tres rapazas, mulleres máis adiante, que loitan por tirar para adiante intentando que o pasado e a morte de seu pai non as arrastre, que celebran os aniversarios deste enterro comendo sardiñas con cebola no cemiterio e, tal e como lle di Generosa á súa irmá Marica na carta final, "non esquezas ser feliz". A novela gustoume especialmente se pensamos que é o debut da autora no xénero, pero Fóra de foco, que lin recentemente, pareceume unha novela máis conseguida e na que tamén atopamos a unha autora que destaca en crear retratos de personaxes interesantes

Outros libros de Cristina Pato

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego