A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema —claustro, corda, comensal— dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que
Samuel Merino (Mos, Pontevedra, 1982), licenciado en Filosofía pola USC, é un creador que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica e mais na súa experiencia nas artes escénicas. As súas obras adoitan tomar corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan os camiños do teatro e da performance. Entre elas destacan: «Guantanamera.
Poema nun só acto» (2021) «Con esta hoz / Con esta fouce» (2023) «Claustro Corda Comensal» (2023) e «Manual de camuflaxe» (Xerais, 2025), XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Fotografía do autor: Álex Sobrino.
e descubre todas as novidades do libro en galego