Premio O Facho de teatro infantil 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai…
En Ícaras atopamos unha obra de teatro de Carlos Labraña pensada para público infantil. De fácil comprensión tampouco require unha posta en escena moi complicada salvo polo longos que son os papeis das dúas protagonistas, a nena Lía e a camareina do MacBurguer Ana. Lúa aparece coa súa maleta agardando pola súa nai onda o escaparate dunha hamburguesería. Mentres agarda, ponse a estudar á luz do establecemento mentres súa nai tarda en chegar. Ana, a empregada do restaurante, pídelle que se aparte ou que polo menos non mire cara dentro. Ten que volverllo pedir e a terceira vez polas boas ofrécelle un menú infantil se vai para outro lugar. Ela non quere apartarse moito para aproveitar a luz e que súa nai poida atopala. Chegado o momento o encargado acaba despedindo a Ana e esta descobre que realmente non vai vir a nai de Lía que di que foi desafiuzada da súa casa preto de alí. Así a todo aínda haberá unha volta máis e Lía e mais Ana van quedar unidas polas súas respectivas perdas e ilusión por ter un futuro mellor a través do estudo. Non parece de difícil representación aínda que os dous papeis protagonistas son bastante longos para as actrices que os representen. Unha obra que parece moi sinxela inicialmente pero que presenta problemas como os da perda, os prexuízos sociais e a falta de tolerancia cos demais sen preguntarnos polas súas circunstancias. Esta obra de teatro gañou moi merecidamente o Premio Facho de Teatro Infantil. Unha gran obra para ler ou representar.
e descubre todas as novidades do libro en galego