Un agasallo literario. Tes nas mans a obra de teatro que Domingo Villar deixou rematada e que entregou a Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza protagonizada por un escritor que se atopa nun bloqueo creativo dende hai anos. Sobre todo é unha obra moi divertida, como era o seu…
Cando falece un escritor temos o consolo das obras que nos deixa no recordo pero tamén perdemos todas aquelas obras que lle quedasen por escribir ou publicar. Isto é o que nos pasou co pasamento de Domingo Villar. Todos os libros que desfrutamos del dannos un certo consolo pero non podemos senón imaxinar todos os que puidemos perder. Afortunadamente esta breve obra de teatro póstuma veu a encher en certo modo ese baleiro. Síbaris é unha obra de teatro breve, divertidísima e fresca. A situación do escritor sen inspiración despois do seu gran éxito, ao que presiona a súa esposa para que publique unha obra que lles permita saldar as súas débedas. E así, chegan á conclusión de que só hai unha forma de resolver esta situación, e desde aí a situación volvese surrealista. Todo un regalo para un lector que sabe que Domingo non poderá escribir outra obra de teatro. Non son eu unha lectora de teatro pois sempre prefiro ilo ver representado nun teatro, mais neste caso Síbaris foi todo un agasallo, unha obra divertida e cun pouso profundo que non se queda na risa fácil. Desde logo unha obra para ler ou ver representada en honor a este gran escritor.
e descubre todas as novidades do libro en galego