1. INICIO
  2. Libros
  3. CASTELOS DE CRISTAL
CASTELOS DE CRISTAL

CASTELOS DE CRISTAL

Sandra Ferreiro Garcia
1 veces listado

Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2024-07-23
Páxinas
148
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6323-3
EAN
9788411763233
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Sandra Ferreiro Garcia

Ver autor
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Andrea Mosteiro
5

A obra de Sandra está estruturada en tres partes: Mundo, Caos e Tempo. A primeira parte, "Feitizo do Mar", compara o mar coa liberdade, similar ao que facían Xohana Torres en "Eu Tamén Navegar" e Luísa Villata en "Tinta do Mar". A autora tamén explora esta temática en "Nado. Son Libre", ao igual que Guadi Galego en cancións como "Imaxinando" e "Mar". A frase "imaxinado entre raios de sol" da cantautora resoa coa imaxe da nosa autora "nado nese océano de brillantes reflexos de sol". Ademais, o inicio do relato "1-3" evoca a "Illas de Sal" de Xabier Díaz coa frase "bota puntos ao salitre". Na segunda parte, "Caos", o relato "Algún Día" evoca o existencialismo, reflexionando sobre a existencia, o non-ser e a busca de significado no medio da escuridade. Esta influencia existencialista é evidente na sombra que se atreve a soñar e na súa loita por atopar a luz, reflectindo a busca de propósito e identidade. Musicalmente, este relato explora unha sensación de esperanza e renovación, mesturada cunha certa melancolía pola fugacidade dos soños, similar aos temas explorados por Manuel María. Ademais, a narrativa lévanos a "Fábrica de Luz" de A Banda da Loba, coa frase "soltar cadeas, soltar as vendas, fabricando luz", que resoa coa voz narrativa deste relato. Na terceira parte, "Tempo", o relato "Doce Badaladas" presenta, de maneira metafórica, un percorrido vital no que a voz narrativa mira cara ao pasado e refúxiase nel, mais con certa esperanza dun futuro mellor. Este relato está influenciado polo realismo máxico, o existencialismo, a poesía intimista de Follas Novas e a narrativa cíclica. A idea de que as badaladas se repiten e que a vida é un ciclo continuo pode estar influenciada por narrativas cíclicas presentes en moitas culturas e literaturas, onde o fin é tamén un novo comezo. Por último, musicalmente evócanos á canción "Acrópole" de Fillas de Cassandra, mentres a nosa autora escribe "mentres a última badalada..." as Fillas cantan "toda a nosa historia estase a rescribir".

Outros libros de Sandra Ferreiro Garcia

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego