Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Lala Rus descóbrenos unhas fadas que cantan as súas propias cancións, mais tamén exercen de bibliotecarias, pescantinas, adestradoras, labregas, actrices, voluntarias en oenegués, fotógrafas... Ademais, por teren a condición de fantásticas, poden ir aos salóns de peitado de sereas, ser amigas do…
Lala Rus descóbrenos unhas fadas que cantan as súas propias cancións, mais tamén exercen de bibliotecarias, pescantinas, adestradoras, labregas, actrices, voluntarias en oenegués, fotógrafas... Ademais, por teren a condición de fantásticas, poden ir aos salóns de peitado de sereas, ser amigas do Eco, xogar coas nubes, competir en carreiras de canguros e voar no cantar do cuco.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xoán Babarro. Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.