Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Facer un estudo deste alcance, cada dez anos, sobre o que deu de si a investigación educativa en Galicia semella un exercicio sinxelamente descritivo do que temos artellado, na teoría e na práctica, ou cunha mestura de ambas as dúas, quen dedicamos tempo, dun xeito máis ou menos agrupado, ao
Facer un estudo deste alcance, cada dez anos, sobre o que deu de si a investigación educativa en Galicia semella un exercicio sinxelamente descritivo do que temos artellado, na teoría e na práctica, ou cunha mestura de ambas as dúas, quen dedicamos tempo, dun xeito máis ou menos agrupado, ao coñecemento de tan importante dimensión para unha comunidade. Pero, alén diso, tamén representa a oportunidade de atrevernos a saber un pouco máis sobre a situación dun eido do pensamento e da acción social, onde as ideas e os proxectos poden marcar diferenzas na formación de profesionais da educación e, por extensión, da cidadanía do futuro. Tense dito que sen avaliación non hai progreso no espazo público dunha democracia. O noso libro ofrece puntual testemuño desa lúcida sentenza.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Valora A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2015-2024