Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Samuel L. París (Muros, 1984) é autor dunha obra que desafía normas e formatos: Manual da destrución (2008), Inflamable (2012), Internacional de poesía anarquista (2020) e O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo (2024). A súa voz poética, de carácter marcadamente oral, nútrese de proxectos musicais e performativos.