╔ o primeiro día de clase para a Brigada Iridescente, xa van en 6º de primaria e están moi emocionados. Todo parece ir ben na escola, pero axiña comezan a pasar cousas raras. Luces que se apagan, portas que se pechan soas, obxectos que rompen? Ten que ser un fantasma; entón, a lenda da escola é…
Ilustradora e autora nada en Ourense en 1997. Gradouse en Tradución e Interpretación na UVigo, mais cambiou de rumbo cara ao debuxo e estudou Ilustración na EASD Antonio Faílde.
En 2022 gañou o Premio Pura e Dora de Ilustración e, ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum infantil Vou! (2023) como ilustradora e autora. Ese mesmo ano, publica A Brigada Iridescente. O labirinto dos inchables, e en 2025 A Brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas .
e descubre todas as novidades do libro en galego