Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba. E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia…
Cando merquei este libro nunha feira, o libreiro recomendoumo como o do escritor que decapitou a Francisco Castro (que o fixo dimitir da editorial Galaxia). Deberíano poñer, se é motivo de máis ventas, na contracapa de todas as obras de Alberto Ramos. A sinopse, a da empresa de pirotecnia que estoupa, lembroume o caso real de Tui, e eu entreille por aí. Logo xa vin que ese caso real era a escusa para falar da corrupción nun estilo Chirbes menor, con moitos personaxes excelentemente detallados, e unha descrición de caracteres que nunca decae. Hai que ir sumando o que lles pasa a 15 personaxes para ver o panorama total. Gañoume o sentido do humor tanxencial, como o que non quere facer brincadeiras, e o retrato bastante crible da maraña político empresarial.
Libro moi entretido e ben escrito. Devorei as páxinas
e descubre todas as novidades do libro en galego