1. INICIO
  2. > Libros
  3. > SÁBEME A SALAMÁNTIGA O CEO DA BOCA
SÁBEME A SALAMÁNTIGA O CEO DA BOCA

SÁBEME A SALAMÁNTIGA O CEO DA BOCA

César Cequeliños
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Ano 1905. A estraña parella composta por Ícaro Añón, mozo xornalista afincado en Lisboa, e Madame Dax, especialista estadounidense do oculto, encaran un misterio que enfronta o visible coas enerxías invisibles. Serán quen de entender que está azoutando con tal violencia a próspera cidade de…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2025-09-15
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6451-3
EAN
9788411764513
Avatar

César Cequeliños

Ver autor
César Cequeliños (Arbo, 1977). Editor, xornalista e crítico literario. Publicou A gran novela galega (2023) e é coautor de varios libros infantís, como Atlas da Galicia pequeniña, Historia da Galicia pequeniña, As Letras da Galicia pequeniña, Historia visual do RC Celta, Animais míticos do Camiño de Santiago e Un día de festa en... Allariz. Dirixe a editorial Aira e edita desde 2014 a revista dixital Biosbardia.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Leo No

Lin a Gran Novela Galega deste autor, e por iso púxenme con este. Ten un inicio moi bo. Pero... logo que despropósito de darlle voltas á trama. Quedei mareado de seguir aos personaxes, a algúns deles... porque a cada capítulo aparecían máis... Pois iso. Que hai un montón de viaxes en coche de Mondariz a Vigo, de Vigo a Monadariz. De Val Miñor a Vigo, de Mondariz a Val Miñor. Debía ser barata a gasolina naqueles anos. E o misterio a estirarse a estirarse. Que capacidade... Tanto estirou e tanto empecei a aburrir que teño que confesar que non acabei o libro. O libro é un bo ladrillo (tamaño ladrillo) e eu quedei sen folgos de pasar tanta páxina mollando no prebe. Pareceume que era todo salsa para acompañar a qué? Onde estaba a cerna? Todo escrito bonitiño, iso si. Lembrei o que di César Cequeliños no outro libro. Que para moitos premios hai que esforzarse nas primeiras páxinas e logo xa confiar que o xurado vaia con un pouco de présa. Este levou o Torrente Ballester de 2023. Nota mental: Non mercar máis libros que gañaron o Torrente Ballester. Se tal que mos presten. https://axendacultural.aelg.gal/2023/11/15/sabeme-a-salamantiga-o-ceo-da-boca-gana-o-premio-torrente-ballester-en-lingua-galega-da-deputacion-da-coruna/

Outros libros de César Cequeliños

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego