1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CONTOS GRINGOS
CONTOS GRINGOS

CONTOS GRINGOS

Lara Dopazo Ruibal
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío. Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas. A…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2025-09-15
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6459-9
EAN
9788411764599
Avatar

Lara Dopazo Ruibal

Ver autor
Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Publicou as obras Os lobos na casa de Esaú (2017), Claus e o alacrán (2018) e O axolote e outros contos de bestas e auga (Premio Illa Nova de Narrativa, 2020), entre outras obras. Tamén traduciu para o galego a poeta Antonia Pozzi en Lume branco (2021). Entre 2021 e 2023 viviu en Iowa, fonte de inspiración para esta obra
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Leo No

Como nas caixas de galletas cuétara, este libro ten relatos que gustan e non gustan tanto. Non diría eu que é un mal libro aínda que hai un esforzo que renxe, cando a autora busca cunha máis que evidente gota de suor na fronte (tipo icona de whatsapp) un final sorpresa que ás veces non nos parece tal. Creo que os mellores contos son nos que deixa voar a imaxinación lectora para cerrar a trama. O título e o xeito de promocionalo "Contos gringos", "Viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos", do máis mellorable.

Outros libros de Lara Dopazo Ruibal

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego