Un famoso escritor retírase ao rural galego coa idea de rematar alí os seus días. O que non espera é que o amor, en toda a súa intensidade, co seu sexo desbordante, se lle apareza. Ao seu espírito e ao seu corpo. Unha novela que tamén se interroga sobre o sentido da literatura, dos libros e, no
Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia.
Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia.
e descubre todas as novidades do libro en galego