Teño nas miñas mans Adelina, o libro de banda deseñada de Sandra Lodi editado en Galaxia. Este libro breve relátanos a historia de Adelina, unha anciá que decide vivir a súa vida ao seu xeito e para uso abandona a residencia na que vive. A pesar dos intentos de Xan, o seu novo coidador, Adelina non soporta a rixidez da súa vida e añora a súa propia vida. Sae sen nada máis que a roupa e descobre que non pode dispoñer dos seus cartos e algúns só ven nela o medio para aproveitarse do que poida ter. Outros admiran a súa determinación e ela só necesita unha dorna. Un libro duro que nos fai cuestionar a falta de humanidade e a homoxeneización das residencias, a importancia dun trato humano e mais o edadismo que nos invade como sociedade. Unha gran lectura para pensar e repensar como tratamos aos nosos maiores e como nos gustaría que nos tratasen chegado o momento. O traballo de Sandra Lodi é impecable tanto na ilustración coma na creación deste personaxe tan interesante que é Adelina.
e descubre todas as novidades do libro en galego