Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto Cuestionando a clase, a…
Abraham Pérez, nado en Lugo en 1990, é un escritor galego.
Graduado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster de Filosofía: Coñecemento e cidadanía, pola mesma Universidade. Cursou estudos de guionista en Madrid. Colaborou nas publicacións Revista Détour, Drugstore Magazine e Cuatro Ojos Magacín e no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Varios dos seus poemas apareceron en Grial, Luzes, Dorna, Xistral ou Tr3sreinos. Parte da súa obra está traducida ao portugués, o inglés, o francés e o castelán.
En decembro de 2020 obtivo o segundo premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra unha teoría para os espectros. E en 2021 a súa obra toxicidade foi 2º premio na categoría F do Certame de Poesía Francisco Añón.[4] Ademais, no ano 2022 foi un dos artistas seleccionados para desfrutar dunha das bolsas de investigación na escrita da Residencia Artística Mariñán que se levan a cabo no Pazo de Mariñán, asemade foi finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega. No 2023 foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. En novembro do 2025 foi o gañador do VIII certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Chernóbil revival. Forma parte do grupo poético Lupercais.
Ten participado en numerosos recitais, así como realizado intervencións nas que mestura literatura, pensamento filosófico e arte conceptual para museos e galerías de arte. É membro da AELG.
A vida a arder é a miña última lectura. Este libro de relatos de Abraham Pérez publicado por Galaxia recolle unha colección de historias que teñen en común o ton desesperanzado da vida en tempos de incerteza, protagonistas que viven momentos diarios nun ambiente urbano nunha vida anodina. Había tempo que tiña gana de ler algo deste autor e foi con A vida arder co que entro no seu mundo. Non se nos presentan grandes momentos ou acontecementos extraordinarios senón que atopamos imaxes da vida diaria polo que non resulta difícil identificarse con moitas das historias pois a vida é así, sen moita acción. Deume a impresión de estar vendo os relatos a través dunha cámara oculta, con diálogos moi verosímiles, un bo traballo lingüístico e resaltando a importancia da amizade e das relacións entre iguais. Gustoume especialmente A vida a arder, o relato que dá título ao libro pois vemos a estes rapaces ociosos establecendo o seu lugar no mundo a través da súa relación e das decisións que toman, non sempre as máis correctas mentres que, aínda que eles non o saben aínda, están tecendo a estrutura da súa vida posterior. O propio autor pasa a ser en Carta desde Seúl o destinatario da carta que lle envía S. Menez falando da súa infancia; a propia infancia narrada por unha voz allea desde o recordo nomeado por quen compartiu aqueles anos. Todo un exercicio de memoria doutro tempo, unha novela chea de referencias musicais e sociais que debuxan e ilustran momentos que parecen verse con certa nostalxia, pese á súa cotiandade. Unha lectura interesante para ir coñecendo a este autor!
e descubre todas as novidades do libro en galego