Nuno vive coa súa nai. Encántalle pintar e ler. Enche centos de follas cos seus debuxos, e sempre usa a mesma cor, o azul. Un día aparece na casa un home grande e inchado coma os globos das festas. É o seu avó, que vai vivir con eles. Nuno non sabe moi ben para que serven os avós, pero si ten…
Nuno vive con súa nai gozando do seu mundo de debuxos de cor azul mentres segue unha vida con rutinas marcadas e debuxos en cor azul. Un día chega á casa o avó con só unha mochila e a intención de vivir con eles nunha casa que só ten dous dormitorios. Nuno non sabe que esperar deste avó gordo, lento e de hixiene dubidosa. Desde logo as súa prioridades son diferentes e descolócao un pouco. Agora acompáñao ao colexio e, tal e como o seu amigo Carlos lle di, seguro que o avó lle traerá algún agasallo tal e como adoitan facer os avós (os de Carlos, claro). E si, el que sempre viviu embarcado tenlle un detalle moi diferente: un astrolabio para atopar estrelas. Non se atreve nin a levalo ao colexio. Este avó chega a casa sen chaves, ronca sonoramente ─a pesar do cal Nuno permite que durma con el─, e cústalle erguerese ou andar pero pouco a pouco avó e neto van establecendo unha conexión, que vemos con tenrura no capítulo do contacontos. Antes de marchar de novo, o avó tenlle un detalle que aunará a súa paixón polo mar coa paixón de Nuno pola cor azul. Na vida todo require unha aprendizaxe e nesta preciosa novela atopamos a un avó que ten que aprender a selo ─aínda que como pai fose sempre un pai ausente─, e un neto que ten que desfacer os seus esquemas diarios para integrar a un home que o quere pero non está afeito á vida en familia. Este libro é un libro sobre o amor e sobre a familia, lonxe de estereotipos. Perfecto para lectores autónomos que teñan preto o artigo "astrolabio" de calquera enciclopedia.
e descubre todas as novidades do libro en galego