1. INICIO
  2. > Libros
  3. > AS HUMIDADES
AS HUMIDADES

AS HUMIDADES

Alba Tomé
0 veces listado

A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura. Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2026-03-17
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6579-4
EAN
9788411765794
Avatar

Alba Tomé

Ver autor
Alba Tomé (Vilagarcía de Arousa, 1996) é comunicadora audiovisual especializada en xornalismo. Traballou como redactora e columnista en medios como Diario Público, Revista Luzes e Gciencia. Entre 2021 e 2023 mergullouse na comunicación política no Congreso dos Deputados. Realizou diversos traballos como fotógrafa, así como presentadora e moderadora de conferencias e eventos públicos. Paralelamente á súa profesión, desenvolveu un intenso labor no activismo feminista desde a asociación O Soño de Lilith. Na actualidade coordina a comunicación do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e traballa en proxectos culturais e musicais. As humidades é a súa primeira novela, coa que quedou finalista do Premio Illa Nova.
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias
4

Esta novela de Alba Tomé, As humidades, foi finalista o ano pasado do Premio Illa Nova de novela e aparece agora publicado por Galaxia na colección Literaria Ronsel. Atopamos unha novela impecablemente escrita na que a autora desenvolve as relacións tóxicas que se producen dentro da familia da narradora. Ao casar seu pai instálase coa familia de súa nai na Surca, en Vilagarcía, e desde aí toma o control da familia de forma absurda ás veces, aparentemente normal outras e controladora sempre. Neste ambiente a reacción dos diferentes membros varía. Aparece entre as mulleres unha sororidade que permite sortear as dificultades pero cada un responde dunha forma diferente: a señora Azucena loitando cos seus limitados medios, a nai cunha sumisión case total, Luci, a irmá, sen ser quen de ser ela mesma e a narradora acumulando esa rabia ante unha inxustiza que cada vez se fai máis palpable ao longo dos anos. Paulo, o pai consegue manter unha certa boa imaxe pública que lle permite entrar en política. De cara a fóra é unha persoa e dentro da casa é o de sempre, controlador, maltratador e cun punto narcisista. Máis a protagonista non vai deixar pasar as cousas tal e como nos demostra o xiro final da novela. Dá gusto ler unha novela tan ben escrita e que nos presenta tantas facetas diferentes do maltrato e da violencia de xénero e como afectan a diversos perfís de persoa. O desenlace do conflito sorprendeume enormemente e, en conxunto, esta novela faime desexar ler máis de Alba Tomé. Para min non é o primeiro contacto con esta novela dado que tiven o privilexio de estar no xurado do Premio Illa Nova do 2025, polo que xa coñecía o bo facer da autora. Alégrome enormemente, polo tanto, desta novela debut da autora.

Outros libros de Alba Tomé

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego