1. INICIO
  2. > Libros
  3. > FONTENLA LEAL
FONTENLA LEAL

FONTENLA LEAL

Jaime López FernándezSixto Gómez Echemendía
0 veces listado

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2026-04-10
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6585-5
EAN
9788411765855
Avatar

Jaime López Fernández

Ver autor
Jaime López Fernández (A Coruña, 1942). Presidente do Real Coro Toxos e Froles en dúas etapas e concelleiro do Concello de Ferrol, é autor de traballos ao redor dos coros galegos, como a recuperación dos discos Romaxe galega (1922) e Estampas coruñesas (1921-1928), de Toxos e Froles e Cántigas da Terra, respectivamente. Apaixonado da figura de Fontenla Leal, estudou o personaxe ao longo de máis de cincuenta anos.
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Este libro que teño entre as mans, Fontenla Leal. A Galicia pensada, é unha obra que nos permite comprender a dimensión deste home que tanto loitou desde a outra beira do Atlántico por esa Galicia que deixara de neno. Jaime López Fernández e Sixto Gómez Echemendia trazan unha biografía sumamente documentada de Fontenla Leal. Este home, que viaxou co seu pai desde Ferrol á Habana en 1874, traballou alí como litógrafo e a pesar da súa falta de formación académica, foi impulsor das moitas iniciativas que desde Cuba se realizaban a prol da cultura galega. Así, contouse co seu esforzo na fundación do Centro Gallego da Habana, tamén da Real Academia Galega impulsada desde Cuba pola AIPAGA, a creación da bandeira e do himno galegos que viron a luz en terras cubanas. Tamén ao longo da súa vida mantivo o contacto co matrimonio Castro-Murguía, Curros, ou Chané. Só puido volver unha vez a Galicia en 1917 para enterrar ao mestre Chané e aquí puido coñecer a Murguía, e coincidir co pasamento de Pondal. Veu a Galicia emocionado e así regresou a Cuba onde a súa influencia fora minguando. Así a todo, antes do seu pasamento puido axudar novamente á RAG nas súas dificultades económicas, ver o himno e a bandeira galegos recoñecidos como símbolos da nosa terra e mesmo os seus detractores recoñeceron os seus esforzos. Trala súa morte, a súa nutrida biblioteca con obras senlleiras da cultura galega nese período e no anterior, foi legada á RAG. Obras coma esta fan que lectores coma min poidamos aprender sobre figuras non sempre valoradas na súa xusta medida pero imprescindibles pola súa paixón e compromiso. Este libro tamén dá idea do alcance das relacións de Galicia coa súa comunidade emigrante que en moitos casos tivo presente e impulsou a terra dos seus devanceiros. Desde logo un libro necesario, moi ben documentado e que se le facilmente.

Outros libros de Jaime López Fernández

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego