📚Este libriño que é Historia dun neno, recolle moitas anécdotas infantís sobre Ramón Otero Pedrayo, polo que é moi interesante con vistas a coñecer máis sobre o autor. Historia dun neno presenta un percorrido lineal da súa vida desde o nacemento ata os dez anos coa súa entrada no instituto. As anécdotas recollidas son curiosas, incluíndo á criada, familiares coma Pantelas, empregados, veciños e diversas persoas do seu contorno próximo, que achegarán esta biografía aos máis novos. Non é esta unha obra de ficción, aínda que isto é o que parece cando se le. O texto é o complemento perfecto para preparar unha visita a Trasalba ou para facer un roteiro polos lugares do autor. Iso é tamén o que atopamos na guía didáctica descargable que complementa o texto: toda unha serie de actividades preparatorias para a lectura ou para facer unha ampliación da mesma. Pode ser un bo texto de iniciación nos textos literarios de grandes autores galegos aínda que moitas veces esta iniciación é algo que se fai nas etapas de secundaria máis ca en primaria por moito que a lectura vén indicada a partir de 10 anos. As ilustracións de Mara Méndez García axudan a traer a don Ramón a un público novo e son un complemento moi logrado. Encantáronme.
e descubre todas as novidades do libro en galego