1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CEREBRO EN MODO ON
CEREBRO EN MODO ON

CEREBRO EN MODO ON

Sonia Villapol Salgado
0 veces listado

O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental. Como coidar o cerebro e como fortalecelo. Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? poden nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2026-07-13
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6609-8
EAN
9788411766098
Avatar

Sonia Villapol Salgado

Ver autor
Sonia Villapol Salgado (Bretoña, 1977) é neurocientífica no Texas Medical Center de Houston e profesora na Universidade de Weill Cornell, en Nova York. Doutora en Neurociencia pola Universidade Autónoma de Barcelona, nas súas liñas de traballo investiga o impacto da microbiota no cerebro, a nanomedicina en enfermidades neurolóxicas (alzhéimer, ictus, traumatismos cranioencefálicos) e os efectos da Covid persistente. Publicou máis dun cento de artigos científicos e é autora do libro ConSciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (2023).
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

A miña última lectura foi Cerebro en modo ON de Sonia Villapol Salgado e debo dicir que foi toda unha sorpresa. Este libro de divulgación científica enfocado ao público xuvenil foi unha lectura que simplemente pretendía revisar e acabei lendo de principio a fin. En Cerebro en modo ON, a prestixiosa científica Sonia Villapol vai debullando cada un dos aspectos máis relevantes do noso cerebro sempre en segunda persoa e dirixíndose a un ou unha adolescente lectora. Trátanse temas como o funcionamento básico do cerebro, as súas partes, os riscos, as recomendacións, os problemas máis habituais que podemos atopar no seu funcionamento na nosa vida diaria actual. E todo cuns capítulos breves que se poden ler de forma independente. Gustoume tamén a lingua, rica, precisa e axustada aos seus potenciais lectores pero ao mesmo tempo sen perder rigor a axudada pola presenza dun glosario final por se algún termo fose obstáculo para a comprensión. As fantásticas ilustracións de Diego Estebo axudan moito pois máis que embelecer o texto recollen información en forma de gráficos e esquemas, algo moi interesante para aqueles que agradecemos este tipo de apoios. Creo que é un tipo de libro moi necesario pola súa escaseza en galego (obras de calidade, fáciles de ler e pensadas para público xuvenil) e encántame a aposta de Galaxia por obras deste tipo na colección Lanterna de Aristóteles pois nas bibliotecas escolares resulta moi difícil atopar obras deste tipo na nosa lingua. Ás veces o difícil dun tema non é expoñelo ao nivel máis alto para especialistas senón conseguir o que aquí atopamos, crear interese, explicando ben e de maneira fácil o que é moi complexo. Parabéns á autora por facer tan ben algo tan complicado!

Outros libros de Sonia Villapol Salgado

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego