Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O estudo da toponimia supón un valioso traballo de protección e revitalización dos nomes tradicionais; nomes que, aínda que non aparezan nos rótulos das rúas, seguen vivos na fala da nosa xente. A riqueza que nos achega a toponimia é inconmensurable, pois permítenos coñecer o terreo, a nosa historia
O estudo da toponimia supón un valioso traballo de protección e revitalización dos nomes tradicionais; nomes que, aínda que non aparezan nos rótulos das rúas, seguen vivos na fala da nosa xente. A riqueza que nos achega a toponimia é inconmensurable, pois permítenos coñecer o terreo, a nosa historia local, as lendas, a distribución dos espazos, as persoas que deixaron pegada, os seus oficios, as nosas orixes e o noso patrimonio. A súa protección debería ser un ha prioridade para preservar a nosa identidade e memoria colectiva. Este volume está dedicado a Teis; unha parroquia que nos últimos oitenta anos sufriu moitas alteracións, sobre todo, na parte máis costeira. A orixe do topónimo remite ao significado de regato, río ou curso de auga. Así, ao longo do libro comprobaremos como moitos dos microtopónimos teñen relación coa auga: "Os canos, Arnela, A Barxa, Ríos etc". Os topónimos de Teis son, en definitiva, testemuñas vivas do seu pasado e da nosa lingua
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro