Manuel López Rodríguez, tamén coñecido como Manuel L. Rodrigues ou Manuel Lôpez Rodrigues, nado en Noia o 11 de febreiro 1978, é un poeta, artista e editor galego.
Nado en Noia, comezou a escribir poesía con 16 anos, moi influído pola estética modernista e romántica no instituto Virxe do Mar, onde cursou o BUP. Nesta época uniuse a un grupo de amigos estudantes: músicos, poetas, pintores etc. que se xuntaban na cervexaría M15.
Recitou por vez primeira na Biblioteca Municipal de Noia, onde leu poemas de Mareas de luz, libro premiado semanas antes nun certame dos centros de ensino de Noia. O ano anterior fora accésit dese mesmo certame.
e descubre todas as novidades do libro en galego