Cantas veces nos preguntamos por que se producen as situacións de acoso nos centros escolares? Por que os máis débiles, sexan mozos ou mozas, padecen estas situacións en silencio? Nesta historia Sofía formúlase preguntas semellantes cando en sexto de primaria descobre o acoso que sofre David. Un
Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena (provincia de Badaxoz) o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.
É o pai de Llerena Perozo Porteiro e Ozo, estivo casado con María Xosé Porteiro.
e descubre todas as novidades do libro en galego