╔ o embigo do mundo que todos ven fascinados... ou non. A Editorial Galaxia recupera a máis famosa novela infantil de Perozo, nesta nova edición ilustrada por María Lires.
Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena (provincia de Badaxoz) o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.
É o pai de Llerena Perozo Porteiro e Ozo, estivo casado con María Xosé Porteiro.
e descubre todas as novidades do libro en galego