Jorge Campos Sánchez, máis coñecido como Jorge Campos, nado en Ourense en 1982, é un ilustrador, autor de banda deseñada e arquitecto galego.
É licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas. Como arquitecto, traballou para varios estudios, entre eles o de Pernas Varela Arquitectos, formando parte do equipo gañador do Premio Juana de Vega de Arquitectura no ano 2011.
É socio traballador en 7 H Cooperativa Cultural e colabora de forma habitual en actividades culturais, colectivas e fanzines.
e descubre todas as novidades do libro en galego