Penso que a vida sen literatura é menos vida. Polo menos, eu non imaxino a miña existencia sen ela.
Son doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega. Ademáis de facer labores de investigación, traballei como profesora de secundaria o que, sen dúbida, supuxo unha experiencia moi positiva e inspiradora. Actualmente son profesora en Ciencias da Educación na Universidade de A Coruña e dedícome de forma profesional á escrita. As charlas, cursos e obradoiros literarios permítenme compartir a miña experiencia con moitas persoas, ainda que adoito ter a sensación de que son eu quen máis aprende.
Penso que a literatura forma parte do que somos, dos nosos pensamentos e emocións, das nosas palabras.
E iso é o que trato de reflectir nas miñas historias.
que quede claro que a miña calificación baséase unicamente na miña experiencia de lectura, porque é un libro moi recomendable para o seu público. fala das nosas emocións, de como todas son importantes e é necesario regulalas. é algo do que pouco se fala, especialmente a certas idades (xusto cando é crucial empezar a identificalas e xestionalas). ademais da mensaxe, adorei a Orión e a Casiopea. esperaba ler un libro con protagonista alieníxena catboy que come comida de gato, é un desastrillo e quere axudar á xente ata límites perigosos para a súa propia seguridade? non, mais foi unha grata sorpresa. Casiopea ten moita personalidade e amei os capítulos narrados por ela. en xeral, fun fan de todo o tema gato-alieníxena.
Unha historia orixinal e diferente onde conviven unhas adolescentes e uns nenos nun momento delicado das súas vidas, cun extraterrestre na mesma situación. A vontade de comprendermos as emocións propias e as alleas e unha morea de gatos fan o resto para que a lectura resulte entretida e emocionante.
e descubre todas as novidades do libro en galego