Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras[2] do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024, destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.
creo que non tiña o cerebro para ler isto nestes momentos. o libro é curtiño e funciona como un conto, no que o importante non é nin a trama nin os personaxes, senón o que representan e a mensaxe que se quere transmitir. por iso, é moi posible que haxa certas escenas que pasasen pola miña cabeza sen entender moi ben a súa implicación, sobre todo no inicio. xa polo final da novela estaba a entendelo todo bastante ben. xusto necesito salientar o último cuarto do libro pola atmosfera que presenta e unha certa reviravolta por aí. non esperaba que fose *aí*, pero foi unha grata sorpresa e ten sentido tendo en conta a reflexión que quere traer a novela.
e descubre todas as novidades do libro en galego