Difícil de describir... Interesante? Non imaxino o que pode ter na cachola alguén para escribir algo como isto. Recoméndoo bastante!
este libro alterou a miña química cerebral. meu deus, menuda experiencia. vale, vou tratar de facer unha recensión ordenada. este libro, aínda que sexa de ciencia ficción, está estruturado como se fose un ensaio. está escrito dende a perspectiva dunha muller anónima dese mundo, no que a organización no desenvolvemento embrionario está relacionada coa existencia de deidades descoñecidas por moito tempo. o primeiro que quero salientar é o acerto de usar unha forma ensaística. quizais é unha decisión algo arriscada (é máis común ler este tipo de historias dende a perspectiva dun narrador máis persoal e activo), pero creo que ten sentido pola amplitude do período que trata. ademais, co engadido das referencias bibliográficas reais e o uso dunha linguaxe científica, confírelle unha camada de realismo que perturba. non é un libro de terror, mais algunhas das cousas que acontecen son definitivamente escalofriantes se as analizamos. non sei que tipo de documentación tivo que facer o autor para esta obra, mais só podo felicitalo. o paso das referencias a libros e artigos reais ás inventadas queda completamente natural. pasar de embrioxénese a deidades tubulares non se sinte como algo sen sentido ou que vén de ningures. aínda que non son experte na linguaxe nin na estrutura de artigos científicos, como estudante de biotecnoloxía puiden apreciar o que fai este libro. creo que coa miña valoración de 5 estrelas non hai dúbida de que o recomendo, pero a miña recomendación vai especificamente ás persoas que estudan/estudaron ciencias relacionadas coa bioloxía. creo que poderán apreciar e entender o que propón máis que alguén completamente alleo a estas cuestións, aínda que varios conceptos son explicados na primeira parte. basicamente, moitas grazas a este libro por existir. vou proceder a pensar nel por semanas e a necesitar fortemente a alguén con quen falar do final.
e descubre todas as novidades do libro en galego