A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial.
Santiago González Lopo, coñecido como Santiago Lopo, nado en Vigo o 2 de marzo de 1974, é un escritor, profesor e tradutor galego.
É licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión. Desde o 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traducións.
Como narrador publicou «Game Over» (2007, VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Peaxes» (Xerais, 2009), «Hora zulú» (2012, XXIV Premio de novela García Barros), «A Diagonal dos Tolos» (2014, VIII Premio Narrativa Breve Repsol), «A voz das nereidas» (2016), «A arte de trobar» (2017, Premio Xerais de Novela) e «A carteira» (Xerais, 2021).
e descubre todas as novidades do libro en galego