Xosé Luís González Sende, nado en Padrón o 21 de xuño de 1972, é un filólogo, escritor, regueifeiro e profesor galego, máis coñecido como Séchu Sende.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, é profesor de lingua e literatura, no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e máis tarde revelouse tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro, Odiseas, en 1998.
Como sociolingüista, foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación. Algúns dos seus textos foron traducidos ao ruso, checo, croata, bretón, sardo, catalán ou asturiano.
e descubre todas as novidades do libro en galego