Despois de Un dous tres, que ves e Un dous tres, vampiro ti es Nadia Budde preséntanos unha nova proposta repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes. Nesta ocasión, son os personaxes e obxectos asociados ao Nadal en diferentes culturas os protagonistas dos seus versos
Nadia Budde naceu en Berlín en 1967. Estudou deseño gráfico na Escola de Belas Artes Weißensee de Berlín. Gañou o Premio Alemán de Literatura Infantil e Xuvenil e o Premio Oldenburg de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu primeiro libro ilustrado, Eins zwei drei Tier (1999), e o Premio de Libro Ilustrado Troisdorf e o Premio Lynx do xurado do xornal Die Zeit e Radio Bremen polo seu libro Trauriger Tiger toastet Tomaten (2000).
e descubre todas as novidades do libro en galego