Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Hai grandes aventuras que esperan ao cabo da rúa, o único que se precisa é un pouco de imaxinación. Santiago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo. Durante o seu percorrido van sumándose un bo número de animais que se converten nos seus compañeiros de viaxe: un can, un gato,
Hai grandes aventuras que esperan ao cabo da rúa, o único que se precisa é un pouco de imaxinación. Santiago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo. Durante o seu percorrido van sumándose un bo número de animais que se converten nos seus compañeiros de viaxe: un can, un gato, un coello, unha formiga, unha vaca, pero tamén un elefante, un cabalo, unha xirafa... Axudándose uns a outros descobren pequenos detalles, reais e ficticios, do mundo que os arrodea. Unha vez completada a volta ao quinteiro –todo un universo que explorar– chega o momento de despedirse… Kalandraka recupera esta obra de Javier Villafañe e Juan Ramón Alonso, Premio Austral Infantil en 1985, unha historia de estrutura acumulativa con ilustracións en técnica mixta, lapis de cor e acuarela, que achegan gran calidez e dinamismo a este relato.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro