Unha disparatada aventura de amizade e un divertido xogo cos nomes e cos sons. Este XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é unha obra fresca e divertida que amosa a cara máis lúdica da infancia, unha etapa na que a amizade e a felicidade son compoñentes esenciais. Tanto no texto…
Este álbum ilustrado de María Girón publicado por Kalandraka é o álbum perfecto para nenas e nenos que comezan coa lectura: bonito, co texto xusto e cuns protagonistas moi atractivos. En Bim Bam Bum os tres protagonistas, Bim, Bam e Bum (pouca sorpresa!) van para a praia e van recollendo aos seus amigos. Moita repetición, nomes cunha única sílaba ou moi simples, permiten que aqueles que comezan a familiarizarse coa asociación sílaba-son afiancen os seus coñecementos con este sinxelo álbum ilustrado no que acompañamos aos protagonistas mentres recollen aos seus amigos indo cara a praia. A esta historia sinxela unimos o feito de que os protagonistas sexan animais coloridos e que as ilustracións que acompañan sexan tan bonitas. Tívose o coidado de que os protagonistas vaian na orde do texto nas ilustracións de fondo de forma que se manteña o sentido esquerda-dereita dos texto, algo importante cando isto aínda non está afianzado. Un bonito libro para acompañar no importante proceso de adquisición da lectura!
e descubre todas as novidades do libro en galego