creo que é un bo balance entre a concepción montruosa do vampiro do século XIX e a ambientación moderna do XXI, ademais da humanización e análise da vampiresa. as cousas que lle fai a Nanda (e ao resto das mozas en xeral) son moi cuestionables, pero os flashbacks axudan moito a entender o contexto e profundizan na idea de non crecer, de onde vén ese desexo e as consecuencias. gustoume tamén o feito de que a relación con Ada reflicte moi ben as razóns polas que os vampiros daban medo nun contexto victoriano. as referencias históricas molestáronme un pouco ao principio porque en xeral meter persoas reais en libros de ficción adoita incomodarme, pero chegou un punto no que o considerei natural. por certo, un apunte: non sei se é porque o libro é de 2014 e eu nesa época non sabía moito de tribus urbanas, pero hai algunha razón pola que consideren á protagonista de poser por ser gótica? é que nunca escoitara esa relación na vida xdd. si de xente dentro da subcultura dicindo que outra é poser, pero non duns que non pertencen a mesma.
e descubre todas as novidades do libro en galego