A República é, desde moitos puntos de vista, a máis importante obra de Platón. A conversa inicial entre Sócrates e diversos personaxes como o sofista Trasímaco ou os irmáns máis vellos de Platón acaba centrando o tema na natureza e dimensión da xustiza para os humanos. Agora ben, en vista de que…
Platón foi un filósofo grego, seguidor de Sócrates e mestre de Aristóteles. No ano 387 a. C. fundou a Academia de Atenas, unha institución que continuaría durante máis de novecentos anos e á que Aristóteles chegaría desde Estagira para estudar filosofía arredor do ano 367 a. C. , compartindo uns vinte anos de amizade e traballo co seu mestre.
e descubre todas as novidades do libro en galego