José Alberte Corral Iglesias, nado na Coruña o 26 de febreiro de 1946, é un escritor galego.
Licenciado en Ciencias Económicas, fixo estudos de Xornalismo na Universidade Central de Venezuela en Caracas. Exerceu como profesor de ensino secundario antes de se xubilar e participa no labor cultural desenvolvido pola Agrupación Cultural O Facho.
É cofundador da Agrupación Cultural O Facho en 1963, formou parte das súas primeiras directivas e na actualidade preside a organización. Foi militante antifranquista e anticlerical nas organizacións Poder Obreiro e Loita Obreira a prol dunha sociedade anticapitalista, o cal o levou a fuxir para o Chile de Salvador Allende. O establecemento de ditaduras en Chile e a Arxentina ao abeiro do Plan Cóndor fíxoo recalar en Venezuela até despois da morte de Franco. Nese período ingresou no Partido Comunista de Galicia en Caracas.
e descubre todas as novidades do libro en galego