Estes contos son tan pequenos que caben nunha man, unha man que di coa man adeus ao aburrimento e ola ao humor, que te leva da man a un mundo de sorpresas, unha man que cos cotenos chama á túa porta e che entrega este libro que agora tes na túa man.
Carlos López (Boimorto-A Coruña, 1967) é escritor e xornalista.
Recibiu numerosos premios como integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto. Entre os galardóns máis destacados como autor de literatura infantil están o Premio Merlín 2007, The White Ravens 2011 e 2014, Lista de Honor de Clij 2014, Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017, Premio Raíña Lupa, Premio Xosé Neira Vilas e Fervenzas Literarias 2010. En Xerais publicou «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Cámbiache o conto!» (2016), «Bichería» (2020) e «Mediometrópole e os superheroes» (2023).
e descubre todas as novidades do libro en galego