Onni Rellonen, un home de negocios golpeado pola vida, e o coronel Hermanni Kemppainen, oficial frustrado, atópanse nunha vella pallota, ambos co mesmo propósito de suicidarse. Tras o estraño encontro deciden levar a cabo un plan: xuntar todas as persoas do país que están pensando en suicidarse e
Arto Paasilinna, nado en Kittilä o 20 de abril de 1942 e finado en Espoo o 15 de outubro de 2018, foi un escritor e ex xornalista finlandés. Foi un autor de éxito e algúns dos seus libros foron traducidos ás principais linguas europeas, incluído o galego; O bosque dos raposos aforcados, O muiñeiro ouveador e O ano da lebre.
En Finlandia está considerado coma un dos autores actuais máis populares, cun importante número de lectores en Francia onde foi comparado con Gabriel García Márquez. Os seus libros reflicten a vida cotiá dos finlandeses, xeralmente dende a perspectiva masculina dun home de idade media.
Algunhas veces ten sido acusado de escribir libros que se asemellan moito os uns aos outros, mais o seu estilo consegue un amplo número de lectores que se mantén fiel e segue a medrar, como demostra a cantidade de best-séllers que ten publicado ao longo da súa carreira.
e descubre todas as novidades do libro en galego