1. INICIO
  2. > Libros
  3. > PERSÉPOLE
PERSÉPOLE

PERSÉPOLE

Marjane Satrapi
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
RINOCERONTE EDITORA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4173-8897-3
EAN
9788417388973
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
2 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Estes días, a raíz da guerra en Irán, acordeime deste libro, Persépole, a autobiografía en banda deseñada da autora iraniana Marjane Satrapi, un dos mellores libros sobre a ditadura de Irán que poidamos ler para poñernos en antecedentes e que atopamos agora editado en galego nesta edición de Rinoceronte. Cando lemos un libro de historia habitualmente atopamos uns feitos narrados de forma impersoal e centrados nos acontecementos políticos máis ca na vida das xentes, mentres que se lemos unha autobiografía o foco adoita situarse no protagonista desa vida. En Persépole temos unha autobiografía na que a autora relata a súa vida a cabalo entre Irán e Europa, a onde a súa familia decide enviala para que poida realizar os seus estudos lonxe da opresión que a esperaría como muller na Teherán dos anos oitenta. Persépole é unha novela gráfica dun estilo único e na que as circunstancias persoais da narradora teñen de fondo a crecente opresión da ditadura teocrática iraniana: a dificultade de saber quen é un delator, as limitacións para o estudo das mulleres, e a idiosincrasia de calquera ditadura. Tamén se suma a temática do desarraigo da filla afastada do seu fogar nun intento por salvala da opresión pero creando ese baleiro que supoñen a emigración e mais a ausencia da familia inmediata. Os debuxos en branco e negro que compoñen a obra son sumamente orixinais e persoais pero eu destacaría a profundidade das vivencias e o acerto de ver este período histórico a través dos ollos da protagonista quen, sen comprender plenamente a situación, ve a súa vida condicionada e tarda en apreciar o gran esforzo feito pola súa propia familia a fin de darlle máis oportunidades na vida. Tamén se colan no relato as diferenzas entre o mundo islámico e o laico, a importancia da educación das mulleres, ou a dificultade de vivir tan lonxe da familia. Unha obra moi recomendable, en especial para quen busque unha obra que deixe un pouso moi fondo para a reflexión e que permita entender o Irán actual.

Outros libros de Marjane Satrapi

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego