Velaquí unha indagación filosófica practicada na obra prima de Eduardo Pondal Queixumes dos pinos (A Coruña, 1886), incidindo en temas novos, non tratados, ou en cuestións debatidas, mais tratadas agora cunha perspectiva renovada. Así, non sendo novo reparar no sexo-amor-xénero, neste ensaio son
Luís Modesto García Soto, nado na Coruña o 13 de febreiro de 1956, é un filósofo e escritor galego.
É licenciado en Dereito (1978) e en Filosofía (1979) pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 (coa tese Unha lectura de Barthes), e é doutor en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid desde 2010 (tese: Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles). Desde 1989 é profesor titular de Filosofía Moral na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi decano (2005-2013). Foi redactor do Código Ético da USC (2007).
e descubre todas as novidades do libro en galego