Fernando Castro Paredes, nado no ano 1975 en Tapia de Casarego (Asturias), é un escritor galego. Exerce como profesor no IES Fernando Blanco de Cee.
É licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Cultiva diversos xéneros literarios destacando no seu labor como dramaturgo. É membro activo do grupo de teatro afeccionado Farándula Velutina pertencente á Asociación cultural "Ás nove Musas" de Corcubión, é un dos directores de Tuéjele Teatro, agrupación escolar do IES Fernando Blanco de Cee.
É autor dos poemarios Caderno de don(i)celas, Coma se nada sucedese e Excrementos (todos eles accésits do Premio Francisco Añón de Poesía).
e descubre todas as novidades do libro en galego