1. INICIO
  2. Libros
  3. CASTELAO É NOSO
CASTELAO É NOSO

CASTELAO É NOSO

Xosé Luís Méndez Ferrín
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este breve ensaio reúne os escritos que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
ALVARELLOS EDITORA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4185-6761-2
EAN
9788418567612
Formato
RUSTICA
Avatar

Xosé Luís Méndez Ferrín

Ver autor

Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.

De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes; e a súa nai, María Ferrín Novoa, era filla do mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras. A súa infancia e primeiros estudos transcorreron en Ourense, con estadías tamén, que se manterán ó longo da súa vida, na casa paterna de Vilanova dos Infantes. Estes dous espazos foron protagonistas de moitos dos seus poemas, relatos e novelas. En Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.

En 1955 a súa familia trasladouse a Vigo, e el foi estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 foi vivir a Madrid e tres anos despois licenciouse en Filoloxía Románica (especialidade de Literatura) na Universidade Complutense, a memoria final titulouse Aspectos de la poesía de Eduardo Pondal. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, creouse o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 seguiu un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford, e entre 1963 e 1965 fixo diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar nas illas Canarias, entre 1962 e 1964 foi mestre no Colexio Fingoi de Lugo, até que en 1965 obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere. Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata e Antón e os inocentes.

Con motivo da súa xubilación de profesor de literatura no Instituto Santa Irene, a Universidade de Vigo publicou en 2008 o poema “A un meu fillo” en dezaoito linguas. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro,[15] que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal.

É autor de múltiples colaboracións en A trabe de Ouro, Boletín da Real Academia Galega, Grial, Follas Novas, Raigame, Maremagnum, La Ortiga e Boletín galego de literatura.

Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo desde 1999 está tamén moi ligado á Universidade de Vigo.

A súa tese de doutoramento na USC, dirixida por Ricardo Carvalho Calero, está recollida no libro De Pondal a Novoneira.

Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura, que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Luís Méndez Ferrín

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego