1. INICIO
  2. Libros
  3. EMILIA PARDO BAZÁN:UNHA MENTE PODEROSA
EMILIA PARDO BAZÁN:UNHA MENTE PODEROSA

EMILIA PARDO BAZÁN:UNHA MENTE PODEROSA

María Canosa
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este libro busca achegar a todos os públicos, aínda que especialmente aos nenos, a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a través de momentos da súa apaixonante vida. Sorprenderanos a nena curiosa e gran lectora, a muller namorada e independente e a autora de carácter, rebelde ao rol que se

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL BULULÚ
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4186-6705-3
EAN
9788418667053
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

María Canosa

Ver autor

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de María Canosa

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego