1. INICIO
  2. Libros
  3. FAISCAS
FAISCAS

FAISCAS

María Canosa
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Como moxenas que salfiren de puntos de luz a noite, ese tempo feito para o acougo, para os soños ou para escoitar e ler historias. Como faíscas que se desprenden dunha fogueira nacen estes relatos.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2009-03-16
Páxinas
156
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5163-8
EAN
9788498651638
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

María Canosa

Ver autor

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de María Canosa

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego