1. INICIO
  2. Libros
  3. UN CUARTO CHEO DE MONSTROS
UN CUARTO CHEO DE MONSTROS

UN CUARTO CHEO DE MONSTROS

María CanosaDani Padrón
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O noso protagonista ten un cuarto grande, agradable e espazoso cunha gran xanela. Un cuarto con moitos xoguetes pero tamén cunha gran cantidade de monstros que xunto a el dormen cada día. Desde o monstro da escuridade, o dos ollos brillantes, o monstro pantasma, o monstro do silencio e mesmo o

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
TRIQUETA VERDE
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4186-8786-0
EAN
9788418687860
Formato
TAPA DURA
Avatar

María Canosa

Ver autor

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de María Canosa

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego