Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Marwán, fillo de Ianes O Galego, fai nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade adoito
Marwán, fillo de Ianes O Galego, fai nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade adoito insubmisa e levantadiza contra o poder de Córdoba. Esta segunda entrega da triloxía Banu Marwán mergúllanos nunha sociedade conflitiva e asemade conciliadora, onde a xente do pobo só busca sobrevivir fronte ás fortes presións e tensións das diversas faccións sociais, políticas, étnicas e relixiosas. A lealdade, o amor, a amizade, o poder, a traizón, as viaxes, os intereses, as comenencias, as crenzas, os trasacordos, a identidade e as contradicións dos personaxes son temas que van ganduxando este novo relato histórico dun clan galego nunha época convulsa.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Valora ENTRE A VONTADE E O DESTINO (BANU MARWAN: A ESTIRPE DO GALEGO. 2)