Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que
Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932 e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 2019, foi un xornalista e poeta galego.
Cursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Despois de desempeñar varios traballos entrou a traballar en La Voz de Galicia. no que botou vinte e cinco anos e, entre outras funcións, levou a cabo un imporante labor como crítico literario. Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 1950 na Coruña e colaborou en diversos libros colectivos e revistas (Dorna, Clave Orión, A xanela, ...). Os antólogos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942.
Foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Poesía, o primeiro poeta en recibir este premio cun libro en lingua galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego